Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Ferrol (comarca) / Narón
Parroquia: O Val (Santa María a Maior)
Lugar: A Espiñeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Aparece mencionado no PXOM de Narón e en bibliografía como cercado neolígico, o primiero identificado en Galicza. En planos da Xunta aparece como castro. Está situado no cumio do monte de 304 metros de altura. Ten forma ovalada duns 60 metros de eixo NO-SL, e uns 45 metros no OS-NL, a croa mide 34 x 27 metros. O recinto principal está formado por un só muro de grande tamaño aproveitando as formas do terreo. Hai dous accesos á croa abertos para un corta lumes que vai de NO a SL, o orixinal parece ser o NO. Dentro da croa vense algúns ocos que puideron ser construcións ou aproveitamentos de cantería actuais.
En 2017 abriuse un corta lumes aos pés do monte.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://en.calameo.com/read/00129295754f931ea1d4a (páxina 37)
Localización do castro no mapa da Xunta: http://bit.ly/2hjyCiA

Acceso xeral ós visores de mapas da Xunta: http://mapas.xunta.es/visores/basico/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado por un corta lumes.


Onde está localizado

Latitude: 43.5535470687
Lonxitude: -8.23816895485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84