Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Val do Carrio (Santo Andre´)
Lugar: Serra do Carrio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

As medidas estimadas desta mámoa serían uns 20 metros de diámetro, cunha altura sobre o terreo circundante dun metro.Amosa cono de violación e asoma un posible esteo que foi partido pola maquinaria de plantación de eucaliptos.Esta plantación foi feita antes de que fora referenciada. Con esta nova mámoa a necrópole das Brañas de Abonxo pasa a estar formada por un conxunto de 9 mámoas. Ocupan un rechán, o rechán máis baixo da Serra do Carrio polo lado leste. Como referencia toponímica máis importante e a de Pena do Ouro, que está moi cerca deste lugar, onde posiblemente fora atopado o tesouro de Agolada, depositado no museo de Pontevedra.
Fotos e información de Antonio Presas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fíxose unha plantacion de eucaliptos enriba dela, ao non estar referenciada


Onde está localizado

Latitude: 42.7389358714
Lonxitude: -8.14327239991
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84