Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Macenda
Lugar: Moimenta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Sitio fortificado enclavado nun promontorio constituído por grandes batolitos graníticos. Está composto por unha muralla perimetral que protexe as zonas máis accesibles do outeiro, e que se complementa coa protección natural que outorgan os penedos. No interior foron localizadas dúas cabanas. segundo declarou a La Voz de Galicia o director da intervención, Carlos Rellán, do Grupo de Estudios para a Prehistoria do Noroeste (GEPN), “non se trata dun castro típico cun noiro circular que rodea o xacemento, estamos falando dun espazo que aproveita a propia natureza defensiva do entorno e a reforza en sitios puntuais. O poboamento castrexo é máis diversificado e complexo do que críamos”. A cronoloxía da fortificación sitúase entre o século IV e o II a.C.

Os arqueólogos consideran que a muralla foi destruída en época prehistórica por un incendio e que podía ter acadado orixinalmente os tres metros de altura.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O sitio arqueolóxicos foi localizado durante as vagas de incendios que asolaron a zona en 2015.

Foi obxecto de campañas de excavación en 2016 e 2017 por parte do Grupo de Estudios de Prehistoria do Noroeste (USC). As fotografías foron realizadas o 6 de agosto de 2017.


Referencias bibliográficas:

“Arqueólogos y expertos confirman la existencia de un castro en la cima de Coto do Espiño” en
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2017/08/10/arqueologos-expertos-confirman-existencia-castro-cima-coto-do-espino/0003_201708B10C5991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7234737137
Lonxitude: -8.88042926788
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84