Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Macenda
Lugar: Moimenta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

Chaira ubicada no alto dunha zona montañosa cun amplo control visual sobre o sur e o norte da zona de Barbanza, na tradicional zona de paso entre Boiro e Noia. Trátase dun asentamento de época calcolítica, habitado no terceiro milenio a.C. Nel localizouse numerosa industria lítica vinculada á elaboración de puntas de frecha, o cal leva aos seus escavadores a considerar a hipótese de que o lugar estivera especializado na elaboración deste tipo de obxectos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Foi excavado polo Grupo de Estudios de Prehistoria do Noroeste (USC) en campañas alomenos ata 2017. As fotografías foron realizadas o 6 de agosto de 2017 por Soledad Felloza.


Referencias bibliográficas:

“Los arqueólogos cierran otra fase de investigaciones en Moimenta y descubren dos nuevas cabañas” en https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/07/26/arqueologos-cierran-fase-investigaciones-moimenta-descubren-dos-nuevas-cabanas/0003_201707B26C3994.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7216549624
Lonxitude: -8.88035416603
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84