Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Donsión
Lugar: Bergazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo fundado no século XVI de estilo renacentista, fundado a partir do casamento de don Gómez Gil Taboada e doña Beatriz Fernández Noguerol, do pazo de Filgueiroa, en Donramiro.

Aínda que a abundantísima vexetación dificulta o seu recoñecemento, o edificio actual ten planta en L, sillares de excelente canteiría e perpiaño. A porta principal ábrese en arco de medio punto y hai unha ampla solaina sostida por columnas con capiteis vexetais e figurativos e á que se accede por unha escaleira de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A asociación Hispania Nostra e patrimoniogalego.net incluírono nas súas listas vermellas de patrimonio en perigo pola gravidade da súa situación.


Referencias bibliográficas:

“El pazo de Bergazos”. Antonio Vidal en Historia de Deza: https://historiadeza.wordpress.com/2015/04/21/el-pazo-de-bergazos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en grave perigo de derrubo e expolio. Algúns dos lenzos foron derrubados por temporais dos últimos anos. A excepcionalidade da súa arquitectura (hai poucos pazos de estilo renacentista) incrementa o seu valor e a prioridade da súa recuperación.


Onde está localizado

Latitude: 42.6677444786
Lonxitude: -8.14643204212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84