Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Busto (San Facundo)
Lugar: Alemparte (Serra do Carrio)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Restos dunha pequena fortaleza ou castelo construído nun saínte rochoso na banda occidental da Serra do Carrio con ampla visión da contorna e a unha altitude de 715 metros. No outeiro aínda se poden apreciar fiadas de perpiaño regular que formarían parte dos muros da estrutura da edificación, posiblemente cadrada. Trataríase segundo estas características dunha torre de control do territorio, que podería estar datada na época medieval. A escasa distancia hai un manancial que podería ter abastecido ao recinto e nas rochas que rodean o castelo teñen aparecido gravados consistentes en coviñas, nun penedo sur, e outros como cruces, que poderían ser de delimitación dos terreos dos montes comunais das parroquias de Busto e Madriñán. Na actualidade está inzado de densa vexetación de toxos e xestas, que impiden unha boa observación das estruturas. No ano 2006 un forte incendio deixou ao descuberto os restos de muros exteriores e abundante tella curva de barro e anacos de cerámica.
Foto principal Antonio Presas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
En canto á existencia de lendas relacionadas coa ocupación deste lugar, consérvase unha que nos leva ao período medieval e á época da Reconquista. Segundo esta lenda os cristiáns, co apóstolo Santiago ao frente, tiñan colocado un potente canón na fortaleza do Castrelo de Busto-Madriñán e desde este lugar bombardeaban a cidade de Santiago de Compostela. Co apoio deste canón puideron asaltar a cidade e botar fóra aos infieis (non cristiáns), é decir, aos “moros”. Recollidada por A. Presas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7252628557Lonxitude: -8.16985845566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Ago 24, 2017
Castrelo de Busto Madriñán despois do incendio do 2006. foto Antonio Presas
Aralc says:
Out 7, 2018
O lugar é moi bonito pero o estado de conservación deixa moitos que desexar,está Cheo de maleza