Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Méixome (Santiago)
Lugar: Serra do Carrio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa de Tras dos Cotouzos atópase na ladeira sur da Serra do Carrio, a uns 775 metros de altitude. O túmulo ten uns 15 metros de diámetro e está cuberta de abundante vexetación. Presenta cono de violación e non se aprecia estrutura dolménica.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

É coñecida desde que se construíu, no ano 2002, o Parque Eólico da Serra do Carrio, porque a pista construída por GAMESA para acceder aos aeroxeneradores dos Cotouzos pasa moi cerca deste túmulo. Sen embargo non consta, como tal, nos informes elaborados polos arqueólogos para a aprobación do proxecto de dito Parque Eólico.
Polo lado leste do túmulo trazouse un cortalumes tanxencial para separar a zona de monte baixo (toxeiras), onde se localiza a mámoa, da zona repoboada con piñeiros. No ano 2016 procedeuse a un desbrozado da zona repoboada con piñeiros e o garda forestal da zona tivo cuidado en sinalar a mámoa cunha cinta envolvente, indicando que as máquinas non debían entrar dentro do perímetro trazado.
Un aspecto moi importante desta mámoa e a súa localización moi cercana a unha explanada na ladeira de solaina da Serra, que corresponde a un espazo moi ben protexido dos ventos fríos do norte e que puido ser ocupada durante o período Neolítico por unha comunidade humana. Arredor desta explanada inclinada cara ao Sur aparecen outras mámoas, polo de agora non referenciadas. (Información de Antonio Presas)


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7302280457
Lonxitude: -8.16424190998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84