Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Betanzos (comarca) / Vilarmaior
Parroquia: Doroña (Santa María)
Lugar: Sucamiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de balsa á beira do regato de Baxoi. A construción é de planta rectangular coas paredes costais perpendiculares ao regato. Porta de entrada, con pousadoiro a carón, está na cabeceira oposta ao regato. Os muros son ce cachotería encintada cunha cuberta a dúas augas de carpintería de madeira e laxas de xisto. Conta cun vano sobre o buraco do inferno. O abastecemento da auga realizase mediante unha canle de un metro de ancho formada lousas de perpiaño. A canle atravesa un lavadoiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Muíño de herdeiros cuio uso e mantemento se repartía entre dezaseis casas dos lugares cércanos de Brea, Casanova, Castro, Sucamiño e Vilar. Neste muíño traballábase fundamentalmente o millo e o centeo, así coma o trigo en menor medida.


Referencias bibliográficas:

“Muíños”, Concello de Vilamaior [consultado en 31-08-2017]. Ver enlace en:
http://concellodevilarmaior.es/pages/muinos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3675686376
Lonxitude: -8.12648713589
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84