Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Carballiño
Parroquia: Longoseiro (Santa Mariña)
Lugar: Ponterriza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O máis interesante deste cruceiro atópase na súa base, xa que se non fose por ela podería pasar desapercibido como outro cruceiro máis.

Aséntase sobre dous escalóns e enriba dos mesmos hai dúas pezas cadradas con distintos releves de moi bela factura.

No centro hai un gravado que representa catro figuras, dúas grandes nos lados e dúas pequenas no centro. Segundo algunhas interpretacións quere amosar unha representación das clases sociais na época medieval.

A figura da esquerda simbolizaría o nobre, co símbolo da seguridade (o castelo) e a protección celestial (a palma).

A figura da dereita simboliza o poder clerical, co símbolo do libro (probablemente a Biblia) nas mans.

E as dúas pequenas figuras do centro simbolizan os vasalos, que lle dan a man ás dúas figuras grandes querendo significar que o seu cometido sexa obedecer e servir as dúas clases principais.

Unha maneira clara de adoutrinar a poboación analfabeta da idade media.

Sobre este gravado sitúase outra pedra de menor tamaño con dúas representacións nos laterais. Unha amosa unha serpe (posiblemente aludindo a luxuria) e a outra unha especie de báculo, aínda que non está moi claro que quere significar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.422147756688254
Lonxitude: -8.115791827440262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84