Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Sada
Parroquia: Soñeiro (San Xián)
Lugar: O Espiritu Santo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Cruceiro de feitura popular visiblemente alterado. Ten plataforma de base cadrada, soterrado no asfaltado do aparcadoiro co que so quedan visibles dous chanzos inda que deducimos que ten tres chanzos como é habitual. O baseamento apenas sobresae un cinco centímetros da plataforma. O varal orixinal foi substituído por outro oitavado de factura industrial. Capitel composto con follas de acanto baixo volutas angulares. Plinto prominente sobre o que se ergue unha cruz latina de brazos oitavados rematados en flor con botón central. No anverso temos a figura de Cristo. Ten detalles como os remates da cruz na composición ou os pregues do vestido da Virxe que nos fai pensar que o canteiro tomou como modelo outro cruceiro de época anterior.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O entorno mudou nunha área industrial polo que a alameda quedou convertida nun aparcadoiro e o chan foi asfaltado. Posiblemente o cruceiro foi trasladado e volto a montar polo que a súa configuración foi alterada. Posiblemente o varal orixinal fora danado na colisión dun vehículo de grandes dimensións contra o cruceiro.
Referencias bibliográficas:
Boletín Oficial da provincia núm 26. A Coruña, 1-02-1996. Páx 833.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3162256579Lonxitude: -8.28637897968
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84