Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos / Betanzos (comarca)
Parroquia: Piadela (Santo Estevo)
Lugar: Piadela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial reformada no século XVI sobre unha probablemente igrexa románica, pero que aparece mencionada xa a mediados do S. IX; de probable orixe cenobial.

Actualmente ten planta rectangular dunha sola nave. A fachada principal ten un grande e singular campanario. A entrada presenta un arco de medio punto de grandes doelas cun pequeno escudo sobre ela. O muro norte conserva restos estruturais que poden ter orixe no edificio románico.

No interior, a zona entre a nave e o presbiterio está delimitada por un arco triunfal.

Ó carón ten o pazo de Piadela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Na súa contorna disponse o cemiterio parroquial, polo que o lugar está bastante alterado.


Referencias bibliográficas:

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22990/igrexa-de-santo-estevo-de-piadela?langId=gl_ES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2712513699
Lonxitude: -8.25014770031
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84