Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas, Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Coruña (comarca) / Oleiros
Parroquia: Serantes (San Xián)
Lugar: Mera
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun simple aterrazamento en forma de media lúa realizado no cantil a fin de obter un ha plataforma na que instalar a artillería (33 metros en sentido N-S e 8 metros en sentido E-W), protexido por un baixo muro de pedra de esquisto (2,5 m de ancho e uns 30 cms de altura) pala parte que mira ao mar. Constan dun edificio con muros de cachotería be para guarnecer a tropa, ben para empregarse como polveira a parte alta detrás do aterrazamento. Carece de defensas na parte de terra, baseándose o seu valor militar máis na súa estratéxica ubicación que na propia entidade das obras realizadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15058017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Construción defensiva realizada entre 1640 e 1655 e que debe de entenderse como unha parte do conxunto de fortificacións (xunto ós fortes de Oza, San Antón, Santa Cruz, San Amaro e San Diego) para defender o porto d’A Coruña. Os seus canons era de bronze, medían arredor de tres metros e disparaban bolas de 12 kilos de peso.
Trala batalla de Elviña, en 1809, os canóns tiranronse ao mar para evitar que caeran as mas do exercito de Napoleón. En 1996 foron recuperados por mergulladores dan Armada e hoxe atópanse nos museos militares d’A Coruña e O Ferrol.


Referencias bibliográficas:

“Catálogo de Bens Culturais. Patrimonio Arqueolóxico”. Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oleiros. DOGA, 2015-01-26. Ficha E-13. Dispoñible en liña [consultado o 05-09-2017] en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/27891ca006.PDF

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Soraluce Blond, Jose Ramón. “Castillos y fortificaciones de Galicia. La Arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. A Coruña, 1985. p. 95-102


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3824384378
Lonxitude: -8.35519909859
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84