Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle
Parroquia: Osmo (San Miguel)
Lugar: Osmo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Igrexa do século XII, aínda que moi transformada durante os séculos XVI e XVII. Os únicos restos de época románica que se conservan son un canzorros no muro Sur.
Esta igrexa, feita a base de perpiaño granítico, presenta planta de cruz latina dunha soa nave con cuberta a dúas augas e pináculos nos extremos.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso de finais do século XVI principios do XVII, con arco de medio punto con grandes doelas; aos laterais unhas columnas sobre pedestais renacentistas e execución barroca.
Por riba da porta unha fiestra de sección cadrada e dous escudos heráldicos aos lados.
O conxunto remata cunha espadana de dúas alturas con arcos de medio punto.
No interior da igrexa destacan as pinturas murais da parede do altar. Estas pinturas aparecen nos traballos de restauración que se levaron a cabo na Sancristía. Entre as imaxes podemos ver un texto litúrxico en latín.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000024611
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa de San Miguel de Osmo se gardan varios elementos mobles:

* Varias imaxes de principios do século XVII.
* Un retablo maior de época barroca.
* Un Calvario e uns restos dun baldaquino do século XV, no que aparecen as imaxes de San Xoán, San Pedro, Santiago e San Bartolomeu.
* Unha cruz parroquial, obra do ourive portugués Francisco Vieira e feita no ano 1575.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CENLLE/documents/27520ca100.PDF (Ficha A-8 – Páxina 9)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/05/09/cultura-restaurara-pinturas-murales-san-miguel-osmo-cenlle/00031368099513114868100.htm
http://www.arteguias.com/comarcadoribeiro.htm
http://turismourense.com/index

BIBLIOGRAFÍA
MONTERROSO MONTERO, Juan. M. “La predela de San Miguel de Osmo”. Adaxe, Revista de estudos e experiencias educativas. 1995 (En liña: https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/573/pg_098-105_adaxe11.pdf;jsessionid=4B94267FF087246E5CC2F75E91CA7DAB?sequence=1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3671095362
Lonxitude: -8.10052067041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84