Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Crecente
Parroquia: Crecente (San Pedro)
Lugar: Crecente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Edificación do século XIV (transición do románico ao gótico) construída sobre as ruínas dunha antiga colexiata que a súa vez foi construída sobre as ruínas dun mosteiro templario.
A igrexa, feita a base de cadeirado granítico, posúe unha ampla nave rectangular con teitume de madeira e presbiterio tamén rectangular con bóveda apuntada. Nos anos 20 do século pasado a igrexa se transforma en planta de cruz latina coa construción das capelas laterais.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso con arco de medio punto doelado. Por riba dela unha fornela coa imaxe do patrón, e dúas xanelas aos laterais.
O conxunto remata nunha torre campanario, construído no mesmo momento que as capelas laterais.
Nos muros laterais exteriores destacan varios elementos:
* Varios canzorros, posiblemente da antiga igrexa.
* Un escudo
* Unha xanela no centro do testeiro absidal; consta esta ventá de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A arquivolta descansa en dúas pequenas columnas de fustes monolíticos lisos, bases áticas e capiteis con motivos diferenciados: o da cara norte representa unha ave que parece picar a cabeza dunha serpe, e o do sur representa un personaxe axeonllado que sostén algo no seu regazo.
No interior da igrexa destaca un arco románico-gótico decorado con rosetas e figuras, que dá acceso á actual sancristía. No seu interior conservábase o sepulcro en pedra dun nobre, cuxo talle presenta a un home con bigote vestindo o hábito franciscano, o que indica a súa pertenza á Orde III de San Francisco.
Tamén destaca un espazo nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, no que se atopaba o sepulcro de Inés de Castro. Na actualidade este sepulcro atópase depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra.
A antiga colexiata estaba composta por un abade, cinco racioneiros e un sancristán-sacerdote, e contaba cunha ampla xurisdición territorial polo que no ano 1466 se levou a cabo a repartición territorial entre os racioneiros, construíndo varias capelas para atender espiritualmente aos fregueses. Isto deu orixe ao nacemento das parroquias de Ribeira, Quintela, Freixo e Sendelle.
O mosteiro templario desapareceu no ano 1313, trala supresión da Orde do Temple no Concilio de Viena (1311-1312).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031359
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.

Destaca tamén unha imaxe dun Cristo xacente do século XVI en madeira policromada e da Escola dos Hernández, e o Cristo que preside o presbiterio.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 12)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.crecente.es/gl/iglesia-de-san-pedro-de-crecente.htm
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/recursopan1?content=280381565


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1536896053
Lonxitude: -8.22314992547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84