Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón
Parroquia: Pantón (San Martiño)
Lugar: O Souto
Outra denominación do ben: Casa do Banante
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVI feita a base de cachotería granítica irregular, de planta rectangular e cuberta a catro augas. Existen tamén varias edificacións adxectivas.
No interior do convento destaca unha adega situada na planta baixa, construída en perpiaño granítico e con bóveda de canón. O complexo posúe uns 50 metros de longo por 7 de altura.
O Convento atópase ao carón da igrexa de San Martiño de Pantón (http://patrimoniogalego.net/index.php/65365/2014/11/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-panton/).
O acceso dunha edificación á outra realízase por medio dun portalón feito en pedra no que podemos ver un escudo co emblema dos Dominicos: unha cruz en forma de áncora dentro dun círculo de follas de loureiro. Na parte baixa aparece un can cun facho na boca intentando por luz no mundo, e ao seu lado un lirio e unha caveira, que fan alusión ao interese de Santo Domingo por manter a ortodoxía e a pureza da fe.

A primeira referencia documental que fala deste convento é do ano 1659, cando o párroco Don Alonso Ares dona a Casa de Ferreirós (a do Convento), situada na parroquia de San Martiño de Pantón, para construír un convento de relixiosos da orde dos Dominicos. Recibiría o nome de Convento da Purificación da Sagrada Virxe e debería de estar formado como mínimo por 12 freires e 1 prior.
Problemas económicos do Convento fan que os relixiosos se trasladen a Monforte no ano 1622. Nese momento a edificación pasa a funcionar como Reitoral.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

No interor da bodega do convento aínda unha antigua cuba artesanal.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
https://descubrecadadia.blogspot.com.es/2017/05/ruinas-del-convento-de-s-martino-de.html
https://redribeirasacra.blogspot.com/p/tradiciones-cultura.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5137197746
Lonxitude: -7.61487051845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84