Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Crecente
Parroquia: Crecente (San Pedro)
Lugar: Lobariñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O que podemos ver aquí son os restos dunha construción da Idade Media. A primeira referencia documental que fala desta torre é do ano 1158, cando aparece citada en documentación relativa ás guerras fronteirizas entre Alfonso VII (rei de Galicia) e Alfonso Enriques (rei de Portugal).
A día de hoxe só se conserva:
* a torre da homenaxe, feita a base de cadeirado granítico escuadrado de dous metros de grosor, de base cadrada e catro alturas cun total de 19 metros.
* restos da muralla e do foxo defensivo
* restos de construcións adxectivas.
Todo o conxunto presentaba un perímetro cadrada no que se situaban varios elementos como o patio de armas (na parte occidental), e unha posible ponte levadiza situada á altura dunha porta con arco de medio punto situada no primeiro piso. 
A torre de Fornelos pasou todo tipo de ataques e escaramuzas. O máis salientable é o coñecido como “Cerco de Fornelos” de 1482, que consistiu nun ataque protagonizado pola alianza do bispo de Tui, Diego de Muros, con García Sarmiento, Lope de Montenegro (alcalde maior de Pontevedra) xunto a Francisco Aballe e Lope de Aballe, tío e sobriño que resultarían mortos no infrutuoso asedio.
Neste mesmo século XV as Revoltas Irmandiñas esnaquizaron o castelo, que tempo despois reconstruiría Pedro Madruga, quen mantivo preso ao bispo de Tui, Don Diego de Muros, no alxibe de Fornelos durante quince días, sendo causa de posteriores litixios entre o bispo e Pedro Madruga. Nesta batalla, o bispo cerca a fortaleza con 400 homes contra unha defensa de tan só 15. Pedro Madruga e os seus homes loitan cunhas novas armas traídas dende Italia, e resisten de tal maneira que vencen a batalla.
É destacable na historia deste lugar que trala declaración de paz entre os Reis Católicos e a Coroa Portuguesa, o 27 de setembro de 1479, houbo unha restitución xeral de propiedades e o gobernador, Fernando Acuña, concertou con todos os señores o derrubamento das fortalezas novas, deixando a de Fornelos e Salvaterra (http://patrimoniogalego.net/index.php/19955/2012/05/fortaleza-de-salvaterra/)
A Torre de Fornelos atópase baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e a lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36014011 // RI.000031357
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Tamén se fala de que a súa orixe se remonta a unha construción de época romana.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA002.PDF (Páxina 10)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.crecente.es/gl/torre-de-fornelos.htm
http://www.crecente.es/gl/historia-aspectos-historicos.htm
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/crecente/torredefornelos.html
http://xn--castillosdeespaa-lub.es/es/content/castillo-de-fornelos
http://www.xoanarcodavella.com/2014/01/torre-de-fornelos-crecente.html

BIBLIOGRAFÍA
BLANCO-ROTEA, Rebeca. “Trabajos arqueológicos realizados en el transcurso de la redacción del Plan Director de las Fortalezas Transfronterizas del Tramo Bajo del Río Miño” Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio CAPA 22. CSIC. Xuño 2013 (En liña: http://digital.csic.es/bitstream/10261/79545/1/trabajo_arqueologicos_Blanco_2ed.pdf (Páxina 28, 149)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Actualmente a torre atópase nun estado ruinoso, ao que contribuíu non só o paso o tempo, senón tamén a acción humana, xa que nos anos 40 sufriu a demolición dos muros do que debeu ser a zona residencial, aproveitándose as devanditas pedras para outras edificacións da zona.


Onde está localizado

Latitude: 42.1482599141
Lonxitude: -8.23494628072
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84