Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Crecente
Parroquia: Albeos (San Xoán)
Lugar: Santa Marta
Outra denominación do ben: Casa do Anguiano
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Pazo do século XV feito a base de perpiaño granítico de boa factura, con planta en forma de U e cuberta a dúas augas. Nun dos muros exteriores podemos ver unha garita sobre ménsulas.
A edificación principal posúe dous andares. Nun dos laterais existe unha torre con cuberta a catro augas e pináculos nos extremos.
o aceso principal ao conxunto realízase por medio dun portalón alintelado con moldura plana, cornixa e copete. Neste último destaca o escudo heráldico coas armas das familias Costas e Sarmiento.
No interior existe un fermoso patio.

Ao redor do pazo podemos ver tamén varios elementos adxectivos: un hórreo, un muíño, un xardín, viñedos, e un bosque poboado de árbores autóctonas.

Esta casa tivo dereito de asilo, e nela viviu o Gran Capitán Don Gonzalo Fernández de Córdoba e Maximiliano de Austria, emperador de México.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031330
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 6)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://pazodafraga.es/
http://www.crecente.es/gl/pazo-da-fraga.htm
http://www.crecente.es/gl/historia-aspectos-historicos.htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9478&ctre=36&volverFicha=true


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1418783233
Lonxitude: -8.24786504892
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84