Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Crecente
Parroquia: Albeos (San Xoán)
Lugar: A Lama
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas situados ao carón da estrada PO-400 sobre unha plataforma feita en pedra.

O cruceiro nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base octogonal da paso a un varal de sección cilíndrica. A continuación un capitel en forma de bola. O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O peto de ánimas está feito en pedra granítica. Posúe unha fornela con arco de meio punto e enreixado metálico.
O retablo, de pedra policromada, representa a San Francisco que co seu longo cordón axuda a tres ánimas a saír das lapas do Purgatorio.
Por debaixo da fornela vemos a caixa das esmolas e unha inscrición, nalgunhas partes ilexible, que di o seguinte:
” (…) SANTAS Y RECEN UN PADRE NUESTRO Y UN AVE MARÍA POR LAS NECESIDADES (…) AÑO 1801″.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031334
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 7)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1440450948
Lonxitude: -8.25186029077
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84