Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña (comarca) / Oleiros
Parroquia: Serantes (San Xián)
Lugar: Mera
Outra denominación do ben: Base de Proxectores de Mera
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Base militar de 1926 destinada a base de proxectores de iluminación nocturna do cal se conserva a pista que leva directamente a un posto de mando formado por un habitáculo con viseira de fábrica de formigón e cuberto de cachotería de seixo para a súa camuflaxe, a carón del hai unha explanada que servía de posto de combate onde ía situado un proxector de metro e medio de diámetro capaz de iluminar a unha distancia de 5 km. Houbo outros dous postos de combate dos que non se conservan inda que se pode adiviñar outro cinco metros ao leste deste mesmo.
Na pista de acceso atoparémonos con diversas explanadas escavadas na rocha que posiblemente albergaron algún tipo de edificio, e unha unha estrutura parcialmente soterrada, de planta rectangular de fábrica de formigón con cuberta alintelada e de medio canon en dous habitáculos. Destinada a estación eléctrica e almacenamento dos proxectores.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo do 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas -un adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, encargándose dende entón da súa conservación e destinando as instalacións a parque público.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. p. 113.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.396274966
Lonxitude: -8.34971313972
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84