
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Berdoias (San Pedro)
Lugar: No antigo camiño real na Pedra do Frade.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” sen plataforma nen pedestal. A cruz é cuadrangular con chafráns e comezando en cadrado. Está encravada nun petón a beira do antigo camiño real de Vimianzo a Muxía. A cruz é de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Este cruceiro construíse a partires da morte dun frade que ía polo camiño real con dirección a Muxía. Alí foi asaltado por uns ladróns que lle deron morte. A partires dese intre, o petón empezou a chamarse “A pedra do Frade”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0730988637Lonxitude: -9.09188345086
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Carme says:
Xul 20, 2018
Eu nunca escoitei a historia dos ladróns, pero sempre se falou de que o frade era seguido por lobos, resgardouse no petón ese ata que os lobos lle deron morte.