Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: Lariño (San Martiño)
Lugar: Lariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

A igrexa de San Martiño de Lariño levántase sobre os restos dunha antiga ermida. O templo actual presenta planta en forma de cruz latina, coa nave principal de proporcións bastante anchas, dividida en tres treitos por arcos faixóns de medio punto rebaixados que sosteñen unha bóveda de canón que se prolonga ata o presbiterio, e que dá lugar a unha aresta no cruceiro. Os brazos transversais, de menor altura e curto percorrido, tamén se cobren con bóvedas de canón. No medio da nave principal hai senllos piares de pedra que sosteñen un coro de grandes proporcións. Desde o presbiterio, máis elevado que o resto da nave, accédese á sancristía, situada a continuación da cabeceira, e divídese en dúas alturas, inda que non se aprecia no exterior.
A apariencia exterior do templo é sobria; todo o corpo principal á mesma altura, cuberto a dúas augas que continúan polo brazo transversal. A fábrica do templo é de perpiaño.
A fachada principal tamén presenta bastante simplicidade, seguindo un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana dun corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados que serven para aloxa-las campás. A campá grande, situada á dereita, é do ano 1973 coa advocación a Inmaculada, e a campá pequena situada á esquerda, é do ano 1886, coa advocación a JHS. No piar central presenta unha figura en pedra de San Martiño. Coroando esta espadana, dous pináculos moldurados nos estremos e no medio un acroterio moldurado cunha cruz octogonal con remates floreados de pedra.
Á esquerda da igrexa podemos ollar un pequeno camposanto, moi típico do rural galego.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”. Vol. III, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7770428743
Lonxitude: -9.11566413944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84