
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Pobra do Caramiñal
Parroquia: Lesón (Santa Cruz)
Lugar: A Virxe do Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación do ano 1677 feita a base de perpiaño granítico encintado, de planta cadrada e cuberta a catro augas con tella curva e pináculos nos extremos.
O máis destacado do conxunto é a súa fachada principal no que podemos ver a porta de aceso, de forma rectangular alintelada, é de forxa de ferro con ornamentos. Está enmarcada por un arco tallado de medio punto sobre ménsulas que, á súa vez, está encadrado por unhas molduras simulando pilastras acanaladas pegadas ao muro e unidas cun lintel horizontal e pináculos nas esquinas.
Por riba da porta aparece unha inscrición na que se di que Gregorio Peres de Axeitos e a súa muller Antonia de Lourenzán mandaron construíla no ano 1677.
O conxunto coroase cunha cruz coa imaxe de Cristo crucificado (http://patrimoniogalego.net/index.php/96207/2017/09/cruceiro-na-ermida-da-virxe-do-monte/).
No interior, con bóveda de canón, podemos ver un pequeno altar situado nunha fornela coa imaxe da Virxe enmarcada por unha serie de molduras e un arco de medio punto. Tamén se pode ver un relevo de San Amaro.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca007.pdf (Ficha 20 – Páxína 5)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6106192088Lonxitude: -8.93975436687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 26, 2017
Inscrición da fachada.