Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal
Parroquia: Lesón (Santa Cruz)
Lugar: A Ponte Barbanza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro do ano 1706 que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica posúe unha inscrición pouco lexible pola súa erosión. Por riba da base unha peza circular a xeito de moldura.
O varal nace en sección cadrada na que aparecen relevos cos símbolos da Paixón (tenaces, escadas, …); e continúa en octogonal na que podemos ver dúas imaxes relxiosas sobre peaña.
O capitel moldurado da paso a unha cruz coas aresta rebaixadas, e na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Piedade no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1506704.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTIN RUIZ, Luis. (1999). Cruceiros da provincia da Coruña. Ed: Deputación Provincial da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA – POBRA DO CARAMIÑAL (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15067/APobraDoCaraminal.pdf)
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6170650693Lonxitude: -8.93868014216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 26, 2017
Elementos da Paixón que aparecen no varal.