Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribeira
Parroquia: Oleiros (San Martiño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do ano 1769 de estilo neoclásico e ampliada no 1853. Foi mandada construír pola Orde Beneditina. Anteriormente existiu outra igrexa de época románica. O único resto que queda desa antiga igrexa é unha escultura da Mater Dolorosa feita en pedra granítica e embutida no muro do adro.

A igrexa que hoxe podemos ver está feita cachotería de granito agás nos esquinais onde vemos perpiaños tamén graníticos. Posúe planta de cruz latina e sancristía na cabeceira con cuberta a dúas augas con tella curva do país con pináculos nos extremos. Está dividida en catro tramos por arcos faxóns de medio punto apoiados en pilastras que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo vemos dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 do século XX e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén se cobren con bóveda de aresta.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso enmarcada. Sobre ela unha fornela con arco de medio punto na que aparece unha imaxe do patrón. Máis arriba unha ventá cadrada.
O conxunto remata cunha cornixa a dúas auga e unha torre campanario en posición central.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa se garda un cáliz do século XVIII.


Tradición oral:

É famosa una copla popular dedicada ao párroco:
“O cura de San Martiño, éche moi bo confesor, que confesa coa criada, debaixo do cobertor”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 15)
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/san-martino-de-oleiros.html
http://conoceribeira.info/ribeira/parroquias/san-martino-de-oleiros/
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico

BIBLIOGRAFÍA
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6033928539
Lonxitude: -9.00598615408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84