Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Moeche
Parroquia: San Xurxo de Moeche
Lugar: Moeche
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Castelo medieval, levantado no século XIV, vinculado á casa dos Andrade (señores feudais da comarca). De planta poligonal, con foxo defensivo ó oeste excavado na rocha que se salvaba diante dunha ponte levadiza, hoxe inexistente. Ten entrada ó leste, defendida por baluarte adosado de planta irregular, a fin de incrementa-la defensa e controla-lo territorio. Tamén hai un pasadizo secreto ou poterna que sae ó exterior. A torre do Homenaxe ten 18 metros de altura, planta cadrada e tres andares de madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas saeteiras cara ó exterior e máis abertas no interior nas que cabe unha persoa. Crese que o primeiro andar foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña acceso ó paso de rolda. Nesta obsérvanse tres escudos gravados, os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeis dos Castro. No seu ángulo norte presenta un torreón circular cunha escaleira helicoidal que permite o acceso ó paso de rolda. Acédese a torre desde o patio de armas. Os muros, duns 12 metros de altura, son de cachotería pizarrosa cos esquinais de sillares graníticos enmarcando tódo-los vans. O castelo foi protagonista dun acontecemento histórico destacabel: a “Revolta dos Irmandiños”, vasalos que, desexosos de acabar coa dureza do señorío, levaron a Nuno Freire de Andrade a fuxir dende o mesmo cara o castelo de Andrade (Pontedeume), destacando tamén a figura irmandiña do cabaleiro Roi Xordo cando a primeira revolta de 1431. Despois dalgúns éxitos, “Os Irmandiños” foron vencidos por Don Nuno, quen lles obligou a levanta-lo cerco do castelo e reprimiu o alzamento. Este feito histórico é conmemorado cada ano mediante o chamado “Festival Irmandiño”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Algunha tradición sitúa a Fernán Pérez de Andrade en Montiel postulando que foi el e non Du Guesclin o que matou a Pedro I, pronunciando a célebre sentencia: “non quito nin poño rei, pero apoio o meu señor”, feito que explicaría a recompensa cuantiosa de Henrique II concedéndolle os señorios de Ferrol e Pontedeume.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-BOGA MOSCOSO, R.:”Guía dos Castelos medievais de Galicia”, Edicións Xerais, 2003.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.55005666750472Lonxitude: -7.992838025093079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Nov 10, 2011
Unha interesante web do Concello de Moeche, con posibilidade de descargar unha unidade didáctica , trípticos e folletos:
http://www.concellodemoeche.com/sp/moeche/castelo.php
Un saúdo
Xose Troiano says:
Nov 10, 2011
Moitas gracias Elixio, a verdade é moi interesante e tamén moi didactica.
Javier Aguirre says:
Xan 20, 2023
A unidade didactica do concello agora atopase neste link:
https://moeche.gal/wp-content/uploads/2018/09/unid-didactica-castelo-de-moeche.pdf
ELIXIOVIEITES graciñas polo aporte