Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruz,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Aro (San Vicenzo)
Lugar: Camiño Real
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta cruz atópase á beira da estrada que vai dende o lugar coñecido como A Braña ata á aldea de Camiño Real. Consta dunha base ou pedestal de pedra granítica de forma cuadrangula, sobre esta é a xeito de capitel, unha columna con marcadas escocias coronada finalmente por unha cruz de ferro.
E común atopar á beira de estradas ou camiños veciñais cruces; poñíanse alí para intentar santificar un lugar onde houbera algún tipo de traxedia. Ben en honor da alma da persoa que morrera en intento de que esta deixara este mundo cos seus pecados redimidos, ou ben que alguén que non habendo morto se veu nunha situación perigosa naquel lugar e ofrecía erguer unha cruz a cambio da súa salvación.
Neste caso no lugar onde se atopa a cruz morreu un home de morte súbita e a súa familia mandouna levantar alí pola súa alma.
Na foto que vén a corresponder coa base da cruz vese grabado un texto que di: “AQUÍ FALLECIÓ D. JODÉ RODRÍGUEZ SUS HIJOS LE DEDICAN ESTE RECUERDO”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9164777
Lonxitude: -8.7804999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84