Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Xuño (Santa Mariña)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa do século XII aínda que moi modificada posteriormente. Construída a base de perpiaño granítico irregular, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas. Na cornixa podemos ver varios canzorros.
Na fachada principal vemos un pórtico dividido en dúas alturas, engadido na parte dianteira para dar apoio á espadana. A porta de acceso aparece flanqueada por dúas columnas. Máis arriba un rosetón abucinado e unha fornela coa imaxe da Virxe sobre unha peaña, tamén flanqueada por dúas columnas.
O conxunto remata nunha espadana con dous arcos de medio punto e un frontón cun ocelo.
No interior vemos a nave principal con bóveda de canón rebaixada e, aos lados, ás capelas laterais.
O presbiterio está situado a unha altura lixeiramente máis elevada que a nave central. Accédese a el a través dun arco de medio punto dobre que apoia en semicolumnas con capiteis decorados con motivos vexetais.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011329
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca001.PDF
(Ficha A_040 – Páxina 38)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/santa-marina-de-xuno.html
http://www.xoanarcodavella.com/2012/11/santa-maria-de-xuno-porto-do-son.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6386954247
Lonxitude: -9.02572855353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84