
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xiao)
Lugar: Monte de San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela de planta rectangular dunha soa nave e ábsida rectangular. Os muros son de cachotería estando recebadas e pintadas. No testeiro da ábsida está coroado cun pináculo piramidal. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixe vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e sobre o vértice do pentágono, a base dunha espadana dun corpo. Esta apóiase sobre dous machóns unidos por un arco de medio punto no que se aloxaba a campá. Sobre eles, un pequeno pináculo piramidal coroa o conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca008.PDF (Páx.4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0904480398Lonxitude: -9.20320048939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84