Outra fotografía:

Tipo de ben: Pombal,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Rúa do muíño do vento
Outra denominación do ben: Pombal de San Roque.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

É un exemplo dos típicos pombais galegos, de planta circular e corpo cilíndrico, realizado con pezas de cachotería encintadas. Unha única porta serve de acceso ó mesmo, onde se dispoñen, arredor dos muros, os pombeiros ou nichos para que as aves poidan aniñar, e para a entrada das pombas situáronse preto da cima uns buratiños cadrados baixo o beirado, dispoñéndose baixo os mesmos, en todo o perímetro, un beiril de pedra para que as pombas se poidan pousar. A cuberta é cónica, con tella do país, situándose no cumio un fermoso pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA019.PDF (Páx.4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7725720496
Lonxitude: -9.05630126598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84