Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa Pelamios
Outra denominación do ben: Cruceiro da Costa Nova
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con chafráns. Na cara do reverso, presenta unha placa de aceiro que di: “RETORNO DO CRUCEIRO // DA COSTA NOVA // NO DIA 1 DE XULLO DE 2001. // CONCELLO DE // SANTIAGO”. O varal é octogonal soportando un capitel moi moldurado. A súa cruz é cuadrangular con lixeiro chafrán nos brazos. Pola parte do anverso presenta unha figura dun santo cun báculo na súa man dereita, quizais Santiago Peregrino?. Pola parte do reverso, fica A Piedade co Cristo no seus brazos e un pergamiño por riba da súa cabeza. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8856073635
Lonxitude: -8.54478746658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84