Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: San Andrés de Anceu
Lugar: Anceu
Outra denominación do ben: Calvario do lugar dos cruceiros
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O campo chámase Dos Cruceiros pola cantidade deles nun pequeno espazo de terreo. Pertencían a un antigo Vía Crucis do que tamén formaban parte as cruces do Campo, a do Campo da Festa, a do Santísimo e a do Outeiro do Sino.
A cruz principal posúe un pedestal circular de 1,30 m. de diámetro sobre dunha rocha. Os brazos e o testeiro rematan en forma triangular partindo da sección cadrada na que comeza.
O cristo está totalmente pegado ó varal, con coroa, barba e cabeza lixeiramente caída á dereita, as mans, cun grande cravo, en actitude de bendicir. Remata a cruz coa cartela de INRI.
No varal ten un rombo en relevo rematados os extremos superior e inferior en flor de lis, e dentro del unha cruz grega. Debaixo a seguinte lenda : AQVI-MVR-IOEL-RED-ENT-ORĐ-LAVI-DA.
a do cristo é moi rústica e a cruz atópase deitada á dereita.
Segundo apreciación de Domingo Lopo González, este Calvario sería dos finais do século XVIII polo tipo de letra gravada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS, Teresa Sánchez Cora e Mercedes Martínez Plasencia 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3626395863
Lonxitude: -8.46588179469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84