Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Toques
Parroquia: A Capela (Santa María)
Lugar: Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
A igrexa é o único resto do antigo mosteiro, o cal atópase en ruínas a carón da mesma. Foi fundado a mediados do século XI polo abade Tanoy. Na metade do século XVI pasou a depender como priorato do mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela ata o ano 1835.
Consta dunha soa nave, con ábsida rectangular, teito de madeira e con bóveda de canon. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto e con capiteis tallados con figuras xeométricas e vexetais.
Pero o máis importante da igrexa é sen dúbida algunha o seu fermoso calvario, xa cun sentimento plástico que avanza o estilo máis naturalista de épocas vindeiras. Na actualidade atópase desmontado xa que se estaban facendo restauracións no mesmo.
Por último, no exterior, tamén chaman a atención os arquiños de medio punto na cornisa da ábsida.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Rutas Románicas en Galicia – Manuel Chamoso Lamas
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.978208332877045Lonxitude: -7.98319548368454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Nov 11, 2011
Como información complementaria dicir que foi declarado
Ben de Interese Cultural (BIC)polo decreto 192/1994,
do 10 de xuño (DOG nº121 do 24 xuño) da Xunta de Galicia.
Está na páxina do pxom de Toques:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOQUES/documents/26309ca051.pdf
(páxinas 3 e 4). Un saúdo.
pablo fernández ans says:
Mar 31, 2022
– Artigo da Fundación Santa María la Real. “Notas sobre la arquitectura románica en la provincia de A Coruña”, José Carlos Valle Pérez: https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/a_coruna_2-Arquitectura_de_A_Coru%C3%B1a.pdf