Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Vista Alegre (San Xoán)
Lugar: Vista Alegre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con platafoma cuadrangular de catro chanzos con voo carecendo de pedestal. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Nos cadrados do comenzo do varal teñen unha inscrición desgastada. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara adiante e cara á dereita, sen coroa e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Sedente con Neno no colo e sobre unha peaña de tres querubíns. O cruceiro é todo de granito cun estado bo a regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca016.PDF (Páx. 20).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca020.PDF (Páx.1).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8908929964
Lonxitude: -8.54742083701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84