Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: Ozón (San Martiño)
Lugar: Adro da igrexa de San Martiño de Ozón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando en cadrado cos paramentos recadrados. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en mediacana e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada, coroada e coas mans xuntas, coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é unha mistura de granito e formigón, sendo desta última, o pedestal e o varal. Ten un estado regular a malo debido a erosión das imaxes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca013.PDF (Páx.26).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0850021044
Lonxitude: -9.16615672415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84