Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Herbogo (San Pedro)
Lugar: Carrais
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Antonio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun cruceiro de tipo de capela ou de loreto. Na actualidade case non se lle ve basamento e parece querer asomar unha grada, algún veciño comenta que perdeu a base porque quedou enterrada despois dos arranxos da estrada. Así arranca directamente o fuste que como soe ser habitual comeza e remata en forma cuadrangular e no tramo central do varal é octagonal, coas esquinas rebaixadas. Nel vese unha figura que representa a San Antonio.
O capitel só posúe representación na cara central que é unha cara de anxo alada. Sobre este, a capela sen representación en ningunha das caras laterais. Dentro vemos unha virxe con manto e coroa, os rasgos son escasos en corpo e roupa, leva o neno en brazos o máis destacable é que cunha man acaríñalle o pé. Este mesmo xesto da virxen é as mesmas caracteristicas vemolas no cruceiro da goriña de brión, tamén o anxo alado do capitel, o que nos leva a pensar posiblemente no mesmo autor. Sobre a capela abovedada vemos a cruz con cristo baixo unha cartela de INRI e con pano de pureza anoado a un lado.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A xente é moi devota deste cruceiro incluso na actualidade lévanlle plantas que colocan na capela e esmolas que poñen entre os pés de San Antonio. Cando algún veciño do lugar perdía algún animal ou obxecto, ía o cruceiro e atáballe as pernas ao santo cun cordel ata que o animal ou cousa non aparecía non llas desataban, este ritual xa o comentaba Castelao e ainda pervive na actualidade, (ollar fotografía).


Referencias bibliográficas:

Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. As cruces de pedra na Galiza.
Gónzalez Pérez, Clodio. Os cruceiros de Capela I Concello de Rois (II)
Martín, Luís. Cruceiros na Provincia da Coruna,
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA007.PDF
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150740504.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7799936
Lonxitude: -8.7016672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84