Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fisterra
Parroquia: Fisterra (Santa María)
Lugar: Cemiterio parroquial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular rematado con chafráns. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cúbico moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Carece de imaxe no reverso. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruna, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9018291065
Lonxitude: -9.26403857769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84