Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: Vilanova
Outra denominación do ben: Casa Grande dos señores
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

En Vilanova de Armariz fica a Casa Grande dos señores, con planta en U de dobre solaina, mansión e patio con pozo e portada brasonada. Casa á súa vez de labranza, con bodega, alpendre, palleira e canastro.
Nun lateral, a oeste, a pequena capela, ben conservada.
Nela, coma na de Ambía, houbo obradoiro-cerería deica finais do século XIX; á porta fican resíos do “Cereiro” (gran pía de pedra con buratos calibrados, rolo de pedra gra de estira-la cera, etc. e a 50 mts. o branqueador, aira empedrada, e a casa do branqueador onde pendurar candeas, velas e buxías, hoxe palleira.
A capela, con retabuliño e mesmo tribuna, está adicada á Virxe do Carme cuia talla preside, patrona tamén do lugar, co seu escudo sobre a porta; conserva unha boa táboa de San Andrés, que semella ser do séc.XVI.
Don Bernardo Mosquera Feijoo, casado con Dona Manuela Guitián y Peña, de Maside,
señores da casa-pazo polo 1841. Carlos e Ramona, son os últimos herdeiros, que lla venderon ós actuais propietarios.
Na lumieira da portalada de entrada vense dous escudos apareados, coa cruz florenzada de Alcántara por partida dobre, en medio a xeito tamén de escudo, e a lenda en dobre ringuileira
DN JOSEPH VLLOA SOMOZA RIVADENª &
Dª JAZINTA MARQUEZ ANO DE 755. (Nº 9).
O escudo à dereita é partido e dividido, chatonada a partición de 5 vieiras (de Ribadeneira) cos cuarteis: 1º escaques (de Ulloa), 2º dúas pombas a beber dun cáliz (de Salgado), 3º flor de lis, que xunto co castelo do 4º son de Márquez (xuntos no escudo da capela). Flores de lis hai tamén na Pousa, en Nocelo, etc.
O escudo á esquerda é de todo parecido, incluso o chatonado de vieiras: no 1º cuartel armas de Acuña e Orde do Carmelo, no 2º de Lousada, no 3º unha mao coa maza de la Maza, no 4º Cruz de Santiago (de Cabaleiro de Santiago).
Na capela antedita hai un escudo de ancha bordura, máis ben moldura, partido por cruz patada de vieiras e cuartelado, con: no 1º escaques de Ulloa, 2º lousa sobre tres lagartos de Lousada (que vemos tamén nos Casares), 3º maza de La Maza e tres cuñas de Acuña; 4º flor de lis e castelo (de Márquez). (Nº 10).
Ós lados do escudo: VLLOA 1757. Su do escudo está o da Virxe do Carme, por riba del MARQZ, ós lados: AVE Mº PVRMª.
No frontal da mesa do altar, vese repetido en debuxo o da entrada: Ulloa, Lousada, Somoza e Márquez; enriba, debuxado, o do Carme. Este non me estrañaría que fose copiado na bóveda do Santuario dos Milagres ante o retablo da Virxe do Carme, de
idéntica solución e contemporáneo.
Asegundo o P. Crespo (Blasones, XX, 390) o segundo señor de Armariz casóu con Inés de Ribadeneira de Vilanova. Vieiras en sotuer vense tamén nun cuartel da Pousa de Armariz.

Notas de Nobiliaria da Alta Arnoia – Elixio Rivas Quintas


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca009.pdf (Pax.4)

Notas de Nobiliaria da Alta Arnoia – Elixio Rivas Quintas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.222986
Lonxitude: -7.750816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84