Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Nebra (Santa María)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica posúe os bordes superiores acanalados. Nunha das súas caras podemos ver a seguinte inscrición:
“SE HIZO Y PINTÓ
A DEVOCiÓN DE
JUAN ABUIN
CAROU y SU
MUJER. AÑo 1884”.
O varal é de sección cadrada coas arestas rebaixadas. A continuación o capitel de tipo xónico con volutas, follas de acanto e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña e cun grande manto no reverso.

Este cruceiro foi construido por Andrés Castaño Fernández, O “Vello Santeiro” de Chave-Lousame, por encargo de Juán Abuín Carou que emigrou a Arxentina.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011271
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca002.PDF (Ficha E_042 – Páxina 42)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507109.html
https://nebra.es.tl/Quint%E1ns.htm

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7351297957
Lonxitude: -8.9694866538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84