Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Nebra (Santa María)
Lugar: Chan de Agras - Cornido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1900 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada con escocia posúe un peto para as esmolas; tamén leva unha inscrición nun dos seus laterais:
“ES DE LA PROPIEDAD DE
JOSE POUSO MANEIRO I
SU HIJO ANTONIO.
SE HIZO EN EL AÑO 1900”.

O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un pequeno retablo pétreo no que podemos ver tres ánimas entre as lapas do Purgatorio.
A continuación o capitel tipo xónico con volutas, follas de acanto e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso e a Virxe sobre unha peaña con forma de cara polo reverso.

Este cruceiro foi feito por Andrés Castaño Fernández, “O Vello Santeiro” de Chave-Lousame (Concello de Lousame)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011263
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral recollida sobre a orixe e emprazamento deste cruceiro é moi variada:

* Unha das historias fala que a finca onde se sitúa o cruceiro era propiedade da Igrexa de Nebra e que José Pouso lla comprou directamente ao Arcebispado de Santiago pero que o cura da parroquia nunca se llo recoñeceu. Cando José Pouso morre o cura non autoriza o seu enterro no cemiterio da parroquia. A familia decide enterralo onde se atopa o cruceiro.

* Outra historia fala que, a causa duns lindes de fincas, dous irmáns discutiron e un deles mata ao outro. Como fora unha morte entre irmáns o cura non autoriza o enterro no cemiterio e se realiza onde se atopa o cruceiro.

* A última historia recollida entre os veciños di que un membro da familia Pouso non era créente e o cura non o deixa enterrar no cemiterio e o enterran alí mesmo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca002.PDF (Ficha E_040 – Páxina 40)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507108.html
https://nebra.es.tl/Pouso.htm

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia”. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
PORTO DO SON. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMPortoDoSon.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7297345105
Lonxitude: -8.96783274609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84