Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Lugo (comarca) / Portomarín
Parroquia: Portomarín (San Nicolao)
Lugar:
Outra denominación do ben: vello Portomarín
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A orixe da vila parece estar vencellado ó conde pai de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova. A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño, o de San Pedro na marxe esquerda e o de San Xoán na marxe dereita.
Parte do patrimonio (relixioso e da nobreza) foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento, no novo Portomarín. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao , San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI, e o Pazo dos Pimentales ou o de Berbetoros, do século XVII. Hoxe, a primitiva vila está baixo as augas do encoro de Belesar do que se inician as obras no ano 1956. A súa cola, de máis de 40 km, asolagaría para sempre esta poboación.
A forte baixada do nivel do encoro de Belesar volve sacar a luz os vestixios do antigo Portomarín, sepultado polas augas dende 1963. Estes días temos ocasión de contemplar os restos do antigo xeito de vida que caracterizou durante séculos a esta poboación que en tempos estivo repartida entre as dúas marxes do Miño. Entre os elementos que quedaron ó descuberto salientan os restos dos antigos caneiros ou pesqueiras, o peirao ou os embarcadoiros. Outros restos nos antigos barrios de San Xoán e San Pedro, situados respectivamente na marxe dereita e esquerda do Miño; nos arredores da primitiva localización da igrexa había un palco de música que se mantivo no seu lugar orixinal e foi tragado polo auga. Cando baixa o nivel do auga é posible ver os restos. Na marxe esquerda do río, poden contemplarse eses días os restos de diversas vivendas e muíños (foto2), tamén os restos dun pombal e saen á luz os vestixios de dúas vellas pontes que quedaran sepultados na lama. A ponte primitiva -de orixe romana- destruída pola raíña Urraca, e reconstruída por mandato da mesma raíña, foi durante séculos un dos principais pasos do curso medio do Miño. Hoxe só queda del unha parte dun dos seus arcos no centro do canle. (foto1)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PORTOMARIN – FRANCISCO J. GIL
PORTOMARIN (Lugo). Población y Economía – Amparo de LORENZO ROMERO
O MISTERIO DE PORTOMARIN – ANTIA YAÑEZ RODRIGUEZ
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/24/galicia/1285335737.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/portomarin/2017/09/15/senalizan-calles-portomarin-sumergido/0003_201709L15C12991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/01/08/galicia-emerge-aguas/0003_201701G8P6992.htm
https://politica.elpais.com/politica/2017/01/23/actualidad/1485186831_875055.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ó estar asolagado polo auga a maior parte do ano, incluso varios anos seguidos sen os vestixios saír a luz, dependendo da climatoloxía, os restos están bastante danados polas lamas e auga. Aínda así, dende o concello tratan de poñer en valor os restos que quedan ca instalación de paneis informativos explicando como era a aldea.


Onde está localizado

Latitude: 42.8037293589
Lonxitude: -7.61251688004
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84