Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Sanxillao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A aira sitúase polo lado norte, ás aforas da aldea de Sanxillao. O chan está formado por unha laxe natural, á que non fixo falla modificar polo home para conseguir que a súa superficie fora cha, aínda que non perfecta.

Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais. Era onde se facían as medas cos mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, facíase manualmente con mallos e na época máis moderna xa se facía cás malladoras. A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns aos outros.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas penedas lisas, sen estragarse o gran na terra.
Ó estar estratexicamente situada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Xunqueira de Ambía, a practica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca017.pdf (Pax.6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.216082
Lonxitude: -7.734645
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84