Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Nebra (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial do século XVIII e de estilo neobarroco feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta de cruz latina, con modificacións posteriores que lle engadiron as capelas laterais, e unha soa nave con teitume a catro augas con cornixa.
Na fachada principal destacan dous elementos: un frontón triangular partido, cunha fornela dentro do tímpano e enriba da porta unha ventá con derrame interno, e a torre-campanario situada no lateral dereito, de sección cadrada e formada por tres corpos superpostos, rematando nunha pequena cúpula semiesférica e tambor octogonal, e con pináculo no cume.
No muro lateral dereito da nave existe outra porta de acceso. Interiormente presenta bóveda de canón sobre arcos faxóns de medio punto, e de aresta no cruceiro apoiadas nuns grandes piares.
A capela maior ten pegada no lateral norte unha pequena sancristía.
Esta igrexa foi construída sobre outra anterior. A súa construción realizouse entre os anos 1799 e 1800 sobre os planos de José Cachafeiro. O seu prezo final foi de 9000 reais.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011264
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca001.PDF (Ficha A_060 – Páxina 58)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://nebra.es.tl/Santa-Mar%EDa-de-Nebra.htm
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/santa-maria-de-nebra.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7236136154
Lonxitude: -8.96395325661
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84