Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Goiáns (San Sadurniño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII (con modificacións posteriores) feita a base de perpiaño granítico, de planta cadrada cunha soa nave e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso e, por riba dela, unha pequena xanela.
O conxunto remata nunha pequena espadana dun só oco con cruz pétrea de remate.
No seu lateral sur ten pegada a sancristía, de menor altura que a nave.

No interior destaca a capela maior, que pertenceu á antiga igrexa, máis estreita, cuberta con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotaría de granito, mentres que o resto se cubriu con placas de granito, tapando a fábrica orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011245
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A espadana desta igrexa sitúase nun pequeno outeiro, xa que cando se reconstruíu o muro non podía soportar o seu peso.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca001.PDF (Ficha A_067 – Páxina 65)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/san-sadurnino-de-goians.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7578367068
Lonxitude: -8.94477546215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84