Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Ares (San Xosé)
Lugar: Ares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pódese atopar detrás do múelle de Ares, na chamada punta do castelo. No seu día constaba, mirando cara ao mar, dun arco de circunferencia de 90º con sete troneiras de dobre abucinamento, armadas coo outras tantas pezas de 24 libras. A fronte de terra é un muro disposto forma de tenaces abertas e rodeado dun foxo de 3m. de profundidade e 2m. de longo cun acceso único. No interior e acaroadas ao muro, estaba o cuartel de tropa, a polveira e o cuarto de oficiais.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A praia de Ares ofrecía un magnifico fondeadoiro o que a convertía un punto clave tanto para atacar tanto Ferrol como A Coruña. Xa no século XVI se indica a conveniencia de fortificar a vila polo que xa en 1757 estaba esta fortificación xunto con outro no lugar de O Raxo – parroquia de Caamouco- para protexer esta vila. Durante a Guerra de independencia quedou en estado de abandono e o longo do século XIX perdeu o súa importancia estratéxica coa mellora e construción doutras baterías que puideran facer fronte a aparición dos primeiros acoirazados blindados.
Hoxe en día está en ruinas e sen acceso.


Referencias bibliográficas:

Rodríguez-Villasante Prieto, Juan Antonio e varios. “Patrimonio Histórico del Ferrol de la Ilustración. Navegando entre castillos…Informe de la base de datos sobre la zona de Las defensas Costeras” Consellería de Cultura e Turismo, 2008. Páxina 24. En liña [consultado o 27-11-2017]. Dispoñible en:
https://www.ferrol.es/patrimoniomundial/pdf/pubs_propias/Defensas%20costeras2011.pdf

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. Páx. 43.

“Arquitecturas da Provincia da Coruña. Ares, Fene, Mugardos, Narón e Neda” Vol VIII. Excma. Diputación Provincial da Coruña. A Coruña. Páx. 67.

“Plan xeral de ordenación municipal.4 Arquitectura Militar”. Concello de Ares. DOG 1999-04-08. En liña [COnsultado o 26-10-2017] Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARES/documents/0026CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Hoxe en día conservanse parcialmente os muros en estado ruinoso.


Onde está localizado

Latitude: 43.4207807098
Lonxitude: -8.23999017477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84