Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Penedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Castro costeiro sobre un ismo, presenta unha muralla de gran altura na fronte de terra rodeada por un foxo. Entre os anos 1770-1773, o enxeñeiro Miguel de Hermosilla levanta unha batería cun muro con troneiras para os canóns e unha construción preto da muralla que supoñemos era da misma època para acubillo da tropa e a polveira. A fabrica do edificio e de cachotería de seixo inda que se poden ver perpiaños de granito no chairo. As troneiras están soterradas inda que nalgúns puntos pódese apreciar a cachotería de seixo e tamén perpiaños. Na parte oeste da explanada pódese ver tamén unha superficie de perpiaño de granito.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15004004
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No século XVIII o lugar foi empregado para construír unha batería militar e prever o desembarco de tropas inimigas que puideran atacar por terra o arsenal de Ferrol ou mesmo a cidade de A Coruña. Coa invasión napoleónica o lugar quedou abandonado. Co desenrolo dos primeiros acoirazados a mediados do XIX e a construción de novas baterías que puideran facer fronte a tales ameazas, o lugar perdeu todo o seu interese militar.


Referencias bibliográficas:

Rodríguez-Villasante Prieto, Juan Antonio e varios. “Patrimonio Histórico del Ferrol de la Ilustración. Navegando entre castillos…Informe de la base de datos sobre la zona de Las defensas Costeras” Consellería de Cultura e Turismo, 2008. Páxina 24. En liña [consultado o 27-11-2017]. Dispoñible en:
https://www.ferrol.es/patrimoniomundial/pdf/pubs_propias/Defensas%20costeras2011.pdf

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. Páx. 43.

“Plan xeral de ordenación municipal. 1 Arqueologia”. Concello de Ares. DOG 1999-04-08. En liña [COnsultado o 26-10-2017] Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARES/documents/0026CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4348456086
Lonxitude: -8.27798902988
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84