Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: O Penedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro ovalado de 58 x 52 metros, erguido entre os 2 e os 7 metros sobre unha chaira cun muro perimetral. O castro parece estar danado na súa parte norte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15004001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Plan xeral de ordenación municipal. 1 Arqueologia”. Concello de Ares. DOG 1999-04-08. En liña [COnsultado o 26-10-2017] Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARES/documents/0026CA001.PDF
Moure Salgado, Xabier “Agresión ao castro de Cervás” O Noso Patrimonio.blogspot.com, 14-02-2018. En liña, dispoñible en: https://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/agresion-ao-castro-de-cervas-ares.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Recentemente desbrozado con maquinaria pesada.
Onde está localizado
Latitude: 43.4393914198Lonxitude: -8.27399253845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Nemigo says:
Feb 12, 2018
Ese é o castro de CERVÁS non o de Ares, o código da xunta é correcto. O código do castro de ares é GA15004001
véxase en http://mapas.xunta.gal/visores/pba/
Pablo Eirín says:
Feb 15, 2018
Grazas, Nemigo. Procedo a correxi-la ficha.
Elixio Vieites says:
Feb 17, 2018
Agresión ao castro de Cervás (Ares): “Durante os labores de desbroce dunha finca que forma parte do castro, a empresa que estaba a realizar os traballos utilizou, ademais de desbrozadoras manuais, maquinaria pesada”.
http://historiadegalicia.gal/2018/02/maquinaria-pesada-arrasa-parte-dun-castro-ares-nos-traballos-de-desbroce-dunha-finca/
Nemigo says:
Feb 17, 2018
unha imaxe para engadir a este ben catalogado e protexido (sobre o papel e na web da xunta) Pódese ver o tractor de cadeas sobre o metro de alto que miden as defensas do castro nesa finca (dende ese día xa miden menos)