
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Salgueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Trátase dunha batería militar construída en torno ao ano 1898 sobre unha batería anterior do XVII. Consta dun foxo de entrada, de fábrica de bo perpiaño, que vai describindo unha curva descendente na falda do promontorio de Punta Segaño. No derradeiro tramo do foxo ábrense catro túneles subterráneos, todo eles a man dereita. O primeiro é un longo túnel que descende ata un oco na base dos cantís, enriba do cal está a batería. O tres seguintes teñen a mesma configuración, chegan ata unhas escaleiras que descenden a unha cámara cun habitáculo dividido lonxitudinalmente cun muro con fiestras, sen contacto cos muros de contención laterais. Dende este habitáculo e polo laterais chagamos aos emprazamentos dos canóns. O emprazamento está formado por un muro posterior de contención que describe un arco de case 180º de cuios extremo saen muros mais baixo que se unen no extremo. Neste emprazamento ía unha plataforma que sostiña un canón. A plataforma sostíñase nun extremo sobre o que xiraba, e no outro extremo dúas rodas de ferro que se desprázaban sobre un carril en forma de arco. A primeira plataforma nunca chegou a ser artillada, e foron as últimas dúas as que acolleron dous canóns Krupp.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Despois da guerra de Independencia contra as tropas napoleónicas, moitas das baterías espalladas ao longo da costa destinadas a protección do arsenal de Ferrol quedaron abandonadas e os seus canóns, ben foron a parar ao fondo do mar ou foran inutilizados por medo a que caeran en mans das tropas francesas. A aparición dos primeiros cruceiros acoirazados a mediados de século fixo patente a necesidade de crear novo complexos defensivos que puideran facer fronte a esta ameaza. Os plans e proxectos sucedéronse, pero sen que se chegara a concretar nada.
Coa guerra de 1898 coas Estados Unidos e ante o temor dunha invasión de tropas americanas da costa atlántica, aprobouse e dotouse de orzamentos un plan para a creación de novas baterías no Montefaro, ao sur da enseada de Ferrol. Con carácter de urxencia, e dentro deste plan, procedeuse a demolición da batería do século XVII que había no lugar e a construción dunha nova destinada ao emprazamento de dous canóns Krupp que foron trasladados do forte de Palma, no interior da enseada. Aínda que este feito non se produxo deica 1914. Moi pronto a batería mostrou a súa debilidade nun posible enfrontamento por mor de que se atopaba nunha cota moi baixa, que non ofrecía vantaxe sobre o ataque dun acoirazado, e os emprazamentos dos canóns non estaban cuberto polo que estaban expostos a cachotería que podía saltar dos impactos no promontorio posterior, que podería ben danar aos artilleiros como inutilizar os canóns. Debido a súa debilidade pronto perdeu o seu interese militar e o canón para o terceiro emprazamento nunca chegou, preferindo os mandos militares centrar os seus esforzos nas novas baterías que se construíron en cotas máis altas.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. Páx. 54
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4536791633Lonxitude: -8.31171836094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Pablo Eirín says:
Xul 4, 2018
No PXOM do concello de Ares aparece catalogado de forma trabucada facendo referencia a batería anterior do século XVIII mostrando os planos da mesma, dos cales, xa non quedan vestixios, e ignorando a fábrica, distribución e historia da construcción actual.