Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Montefaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Batería situada en Montefaro orientada cara a entrada a ría de Ferrol. Está composta por tres módulos acaroados entre si, dispostos en arco. Baixo a cota de terra temos varias dependencias destinadas a almacén e polveiras separas pola parte posterior por unha galería e un muro de contención. Enriba destas dependencias, temos unha plataforma a mesma altura nos tres módulos, no que atopamos unha edificación central de planta baixa, e as posicións de tiro a ambos lados da mesma rematadas na parte frontal nun muro circular. A edificación central servía de acubillo ao serventes de artillería e para polveira inmediata. Estaba comunicada coas dependencias inferiores cun ascensor para poder elevar os pesados proxectís. Unha vez arriba, os proxectís eran levados nun carro sobre raíles ata os canóns. Inda se ven as marcas dos railes na pedra.
A construción está enteiramente feita de perpiaño de granito non sendo as cubertas das edificacións da plataforma que eran de cemento de vigas de ferro.
Perpendicular a batería, polo extremo norte atopase un edificio de planta baixa e fiestras alinteladas con muros de perpiaño de granito con cuberta a catro augas. A entrada principal ten un frontón no que aparece unha data: 1900


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

En 1898 remátanse a construción de tres baterías (Fuente Seca, Bailadora e Faro) no alto de Montefaro capaces de facer fronte a ameaza dos modernos acoirazados inda que polo de pronto so estaría artillada no ano de 1900 a batería de Bailadora con catro canóns Ordoñez de 24cm. As tres baterías non estarían completas ata o ano 1914.
A mediados dos anos 80 foron desafectadas polo exercito quedando as instalacións abandonadas e sen vixilancia.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. Páx 54.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4521960189
Lonxitude: -8.28935997153
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84