Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Montefaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A Batería está situada na pendente norte de Montefaro, nun lugar privilexiado sobre a entrada a ría de Ferrol. Está composta por tres módulos acaroados entre si, dispostos en arco. Cada modulo consta de diversas dependencias destinadas a almacén e polveiras, sobre a cota de terra, sobre a que se estende a plataforma de tiro. Esta plataforma está composta por unha estrutura centra, para acubillo dos artilleiros e os obuses de recarga, e unha posición de tiro a cada cada lado formada por una plataforma lixeiramente elevada circular onde se situaban os canóns. Pola parte frontal, a plataforma de tiro está acoutada por un muro. Entre cada modulo hai uns chanzos para posicionar aos tiradores e para observación.
Pola parte posterior, e separada por un corredor hai muro de contención que rodea unha pequena explanada unida a plataforma de tiro por unha ponte. Detrás da explanada atopase o edificio de acuartelamento.
A fabrica do batería é de perpiaño de granito con cubertas planas de formigón e vigas de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1898 remátanse a construción de tres baterías (Fuente Seca, Bailadora e Faro) no alto de Montefaro capaces de facer fronte a ameaza dos modernos acoirazados inda que polo de pronto so estaría artillada no ano de 1900 a batería de Bailadora con catro canóns Ordoñez de 24cm. As tres baterías non estarían completas ata o ano 1914.
A mediados dos anos 80 foron desafectadas polo exercito quedando as instalacións abandonadas e sen vixilancia. Das baterias que hai en montefaro é das que mellor se conservan co edificio de acuartelamento reconvertido a centro de interpretación.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4550376498Lonxitude: -8.28174952249
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84