Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: Fragoselo - Monte Maúxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:

Petróglifo situado nunha pequena rocha cunhas dimensións aproximadas de 2 x 1,70 m.
Os gravados se compoñen de varios círculos concéntricos, coviñas e diferentes sucos.

Ao carón deste petróglifo existen varios máis.

As fotografías desta ficha foron realizadas por Ángel de Prado, estudoso e gran coñecedor dos petróglifos do Maúxo.
Dende aquí o meu agradecemento pola cesión das fotos e por mostrarme o seu coñecemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36057098 // RI.000037235
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca035.PDF (Ficha X_098 – Páxina 2) (PXOM anulado)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://petroglifosdomauxo.com/2010/02/13/leixiades-ii/
https://petroglifosdomauxo.com/
http://xosecounhago.com/?p=125

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ PINTOS, Julio. “CONCURRENCIA, EMULACIÓN Y TRADICIÓN. La dinámica artística de los Grabados Rupestres Gallegos”. 2015.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Os incendios de outubro de 2017 afectaron gravemente a éste e a outros petróglifos da contorna.
So o paso do tempo nos dirá se as altas temperaturas alcanzadas pola vaga dos lumes de como resultado á aparición da temible termoclastia.


Onde está localizado

Latitude: 42.1809483424
Lonxitude: -8.77350568771
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84